A asociación Mulleres Autónomas Rurais de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro e totalmente independente que agrupa a un amplo número de mulleres que nace no ano 2016 cun claro e primeiro obxectivo: que as mulleres autónomas rurais deixen de ser invisíbeis e que a súa voz se escoite.
A maior parte da mulleres rurais desenvolven o seu traballo na explotación familiar agraria, padecendo todos os inconvintes de traballar pero ningunha das súas vantaxes, posto que o traballo non lles reporta – de forma directa e persoal- remuneración, dereitos sociais ou identidade profesional.
As mulleres rurais queren a igualdade de oportunidades entre o medio urbano e rural e para acadala é necesaria a mellora da vida diaria das mulleres rurais e das súas familias e, ademáis, é fundamental a información e a formación.
A entidade está inscrita no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia, co n.º de rexistro 00/050/2016/A
Ofrecemos Información sobre todas as cuestións que preocupan á muller rural: formación, emprego, xestión empresarial, sector agrario, igualdade de oportunidades, violencia de xénero, convocatorias, axudas e subvencións, etc.
A formación é un dos nosos piares básicos. Traballamos en programas dirixidos á inserción sociolaboral das mulleres rurais, impulsando a súa incorporación e mantemento no mercado laboral a través da formación en novos nichos de emprego ou autoemprego. A nosa vocación é mellorar a formación, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida da poboación rural en xeral e das mulleres en particular. A formación desenvólvese nas zonas rurais e axústase ao horario das alumnas. Organizamos cursos, seminarios, charlas e xornadas dirixidas a todas as mulleres e familias do ámbito rural tanto presenciais como on-line.
Dende o ano 2017 a entidade Mulleres Autónomas de Galicia coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, realiza diferentes estudos sobre á prevención de riscos laborais coa finalidade de promover melloras nas condicións de traballo dirixidas a elevar o nivel de protección e da seguridade e saúde laboral das mulleres autónomas rurais galegas:


Contacta coa asociación