A Bugalliña

Galicia pode presumir de ter un dos xogos máis feministas que existen: a bugalliña, un xogo practicado unicamente por mulleres e en verdadeiro risco de desaparecer.

Como se xoga:

Só son necesarias as bugalliñas, que non son outra cousa que unhas bólas de madeira de forma ovalada cuxa forma lembra ás landras. Tradicionalmente, xogábase con agallas de carballo, as cales son tumores provocados polos insectos parasitarios que habitan a árbore, e en galego, insecto dise bugallo, de aí probablemente o nome do xogo.

A bugalliña xógase nunha superficie de terra lisa cuxas medidas son variables. O normal é que mida, como mínimo, 20×4 m. No centro do terreo de xogo debe haber un pequeno foxo que recibe o nome de burata e é onde deben acabar as bólas que se lanzan. Adóitase xogar por parellas ou equipos.

A bugalliña é unha mestura entre petanca e canicas, así que o obxectivo do xogo non é ningún misterio. Do que se trata é de lanzar a bugalliña para metela na burata. Se acerta, volve lanzar bóla, e se falla, a quenda pasa a outra xogadora que pode optar por meter a bugalliña na burata ou golpear a bóla do seu rival.

Por meter a bugalliña na burata súmanse 4 ptos, por golpear de cerca 1 pto, e por golpear a bóla dun adversario 2 ptos. As partidas xóganse a 24 ptos e gana o primeiro equipo que logre sumar esa cifra exacta de puntos.