Os birlos celtas

De orixe incerta a pesar do seu nome, só se ten constancia do xogo desde o século XIX. O que si parece plausible é que este xogo se usae en tempos antigos como adestramento para a caza ou a guerra, pois potencia a forza dos músculos. Como dato curioso, os birlos celtas estiveron presentes nos XX.OO. de Barcelona 92 como deporte olímpico de exhibición. Actualmente, contan con federación e xóganse nunha liga oficial.

Como xogar:

Son necesarios birlos e bólas. Os birlos son 18, de madeira dura (preferiblemente de buxo como manda a tradición), 15 cm de altura, punta cónica e base circular (5-7 cm) que se colocan sobre a pedra de birlos. As bólas son de madeira tamén, cun diámetro de 10 cm e un peso entre 900 gr. e 2,5 kg. Cando se xoga en competicións oficiais (en Galicia os birlos celtas están federados) sempre hai presente boleira ou pedra de birlos.Xógase nun terreo chairo e sen obstáculos, preferiblemente de terra, arxila ou mesmo area de praia, e cuxa forma lembra a un semicírculo. Adoita ter 35 m de longo e unha anchura variable que vai de 10 m nun extremo a 25 m no outro. No campo distínguense cinco zonas diferenciadas:

  • Poia: bloque de cemento de 2 x 0.4 x 0.35 m desde o que se lanzan as bólas.
  • Cova: situada diante da poia, é unha gabia de 50 cm de profundidade para propiciar o impulso da bóla. Písase co pé contrario ao que sostén a bóla cando esta se lanza.
  • Boleira: tamén chamada pedra, é un bloque de pedra de 1 x 0.6 m colocada a 4-6 m da poya e sobre a que se colocan os birlos en ringleira.
  • Liña de 10: liña situada a uns 25 m da boleira.
  • Valo: muro, rede ou valo de 5 me de altura situado a unha distancia de 4 m da liña do 10 e cuxa misión é deter as bólas que se lanzan.

Os birlos celtas pódense xogar de forma individual, por parellas ou por equipos de catro xogadores.

O obxectivo do xogo é o seguinte: derrubar toda a fileira de birlos co lanzamento da bóla e, á súa vez, lograr que o maior número de birlos superen a liña do 10 ou mesmo que un alcance o valo, nese caso o xogador adxudícase o xogo.

Cada xogador dispón de 3 lanzamentos. Por cada birlo derrubado que non logre superar a liña do 10, o xogador adxudícase 1 punto, se a supera, adxudícase 10 puntos. O xogador ou equipo que máis puntos sume gana. Cada partida consta de roldas, as cales están compostas, cada unha, de 5 xogos. Hai que sinalar, que unha das características dos birlos celtas, é que a bóla se lanza polo aire e non a nivel de chan ou rodando.