Lanzamento de Boina

O lanzamento de boina é un dos xogos tradicionais de Galicia con risco de desaparecer. Tanto, que apenas localizamos información sobre el. Sabemos que só se practica no municipio coruñés de Melide e, ademais, só nas festas.
O obxectivo é simple: “cravar” a boina sobre un cono lanzándoa a unha distancia que adoita ser xeralmente de 3 ou 4 metros. O truco está na forma de lanzar a boina, por iso quen a lanza cal disco ou frisbee adoita acertar moito máis. É un xogo individual e cada xogador dispón de tres lanzamentos.